14/05/10

Exposición: Instrumentos da música tradicional galega

Co gallo da celebración da semana das letras galegas, o CEIP San Xoán de Becerreá, quere convirdarvos a unha exposición de instrumentos da música tradicional galega, que se desenvolverá nos salón de actos do centro en horario escolar. Se alguén desexa vir en grupo, habería a posibiliade de realizar unha visita guiada, chamando previamente á secretaría do colexio.

Follas Revoltas 2010

Xa está na imprenta a derradeira edición da revista escolar Follas Revoltas. pero, se non queres esperar, aquí tes a súa edición dixital.



06/12/09

Seguimos aquí!

Aínda que pareza que tiramos a toalla, a biblioteca do CEIP San Xoán de Becerreá segue en pé de guerra.
E nunca mellor dito. O espazo físico da biblio, en proceso de remodelación parece un campo de batalla. pero non por isto deixamos de ler, non. os nosos profes subiron ás aulas libros suficientes para este trimestre, namentres o equipo de biblioteca revolve nos andeis. A ver se rematan dunha vez!

Tamén tivemos actividades relacionadas cos libros...
Viñeron os rapaces de "Contos para falar"




E tamén nos visitou "Matapiollos" coa obra "A rebelión do monicreque"




Pasámolo en grande!

Agora, a esperar o Nadal, que seica alguén deixará algo para todos nós...